Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, o Campus Auga celebra unha xornada de portas abertas dirixida ao estudantado de Educación Secundaria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra
O obxectivo é orientar ao estudantado sobre o seu futuro universitario, e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus Auga. Neste sentido, decanos e directores dos centros universitarios do campus de Ourense, presentan as diferentes titulacións que oferta a Universidade de Vigo neste campus e as súas saídas profesionais.
Así mesmo, diferentes profesores e investigadores organizan sesións teóricas e prácticas nas súas instalacións e laboratorios para dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus Auga.