Misión
A razón de ser do Campus Auga que recolle o seu propósito duradeiro que o distingue e confírelle identidade
Promover a realización baixo un enfoque multidisciplinar de actividades docentes, investigadoras e de transferencia de tecnoloxía e coñecemento de excelencia en temáticas da auga, que xeren sinerxias e liñas de actuación conxuntas entre investigadores/as vinculados ao Campus Auga, implicando aos axentes sociais e económicos relacionados con estas temáticas para convertelos en socios estratéxicos da súa actividade.
Visión
O que o Campus Auga aspira a ser e como o vai conseguir
Converter ao Campus Auga nun foco de especialización, multidisciplinar e referente internacional en docencia, investigación e transferencia de tecnoloxía e coñecemento en temáticas relacionadas coa auga.
Obxetcivos estratéxicos
A filosofía xeral de actuación do Campus Auga que marca como vai desenvolver a súa misión e vaise orientar para acadar a súa visión
- Ofrecer unha formación avanzada e de elevada calidade, cun número estable e elevado de estudantes en disciplinas relacionadas coa temáticas da auga que distingan ao Campus Auga a nivel rexional (eurorrexional), estatal e internacional.
- Posicionarse como un líder rexional (eurorrexional) recoñecido internacionalmente en investigación multidisciplinar en temáticas da auga.
- Promover a transferencia de tecnoloxía e coñecemento científico a aplicacións prácticas en apoio ás industrias e institucións locais, rexionais (eurorrexionais) e estatais.
- Procurar un nivel sostible de financiamento en apoio ás liñas de orientación estratéxica propias do Campus Auga.