O Campus Auga identifica 3 Áreas de Especialización co nexo común das temáticas da auga (Medioambiente, Alimentación, e Xestión da auga), e 2 Liñas Soporte Facilitadoras, de coñecemento transversal no desenvolvemento das liñas de especialización (Tecnoloxías Intelixentes e Innovación Social e Educativa).

As liñas de especialización representan a agregación estratéxica singular do potencial de excelencia da súa actividade de docencia e investigación.

Medioambiente

Medioambiente

Coñecemento especializado na conservación do medio ambiente e o seu impacto na calidade e distribución dos recursos, en especial os recursos hídricos, que se orienta cara ao desenvolvemento de novos ou mellorados sistemas de xestión ambiental e á aplicación de prácticas agrícolas que aseguren a sustentabilidade da produción agraria, para contribuír ao mantemento dos ecosistemas fortalecendo a súa capacidade de adaptación aos efectos do cambio climático.

 

Alimentación

Alimentación

Coñecemento especializado na xeración e promoción de alimentos e produtos alimentarios de alto valor engadido, funcionais, seguros e de calidade diferenciada, no que se promove un uso eficiente e seguro da auga, que contribúe á mellora da competitividade e impulso da innovación do sector agroalimentario, e que facilita o acceso a unha dieta saudable adecuada para cada idade e condición fisiolóxica.

 

Xestión da Auga

Xestión da Auga

Coñecemento especializado na xestión de recursos hídricos, que desde un enfoque multidisciplinar e atendendo á diversidade de perspectivas dos distintos elementos vinculados coa auga, promove a xestión coordinada e equitativa da auga, a terra, e os recursos relacionados, para maximizar o benestar social e económico. Esta xestión inclúe todas os aspectos legais, empresariais, turísticos e ambientais, sen que na formulación de solucións aos problemas hídricos e de desenvolvemento comprometa a sustentabilidade dos ecosistemas para o futuro (acorde coa definición do Comité Técnico da Asociación Mundial para a auga).

 

As Liñas Soporte Facilitadoras para potenciar as capacidades propias das áreas de especialización, e mellorar a súa competitividade co fin de acadar un maior impacto dos seus resultados en resposta aos desafíos aos que se enfronta o Campus Auga.

Tecnoloxías intelixentes

Tecnoloxías Intelixentes

Coñecemento especializado na xeración e aplicación de tecnoloxías intelixentes, para optimizar e facer máis eficiente a actividade das áreas de especialización, achegando valor engadido, fortalecendo as súas capacidades e mellorando a súa competitividade para alcanzar maior impacto dos seus resultados.

 

Innovación social e educativa

Innovación Social e Educativa

Coñecemento especializado no desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas educativas para o deseño de estratexias de resposta a retos científicos e educativos. Esta liña de carácter transversal propón solucións didácticas, organizativas, creativas e innovadoras coas que abordar, desde a propia comunidade universitaria, a diversidade de desafíos aos que se enfronta o Campus Auga.