Título de grao que capacita para desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas, e desenvolver esas tarefas no seu ámbito global, ou ben en calquera das súas áreas funcionais, produción, recursos, ¬financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade. Así mesmo serán capaces de desenvolver a súa capacidade para analizar o contexto socio-económico e o comportamento do mercado, e determinar as medidas máis adecuadas que maximicen a xestión dos recursos, e garantan a eficacia dos procesos e dos resultados, coa finalidade de xerar riqueza e valor engadido.
Área de Actividade Formativa
- Principal: Xestión da Auga
- Relacionada: Medioambiente, Alimentación
Interese Académico, Científico e Profesional
Posibilidade de cursar o Dobre Grao Internacional en Administración e Dirección de Empresas e Bachelor Arts in Business Administration (Hochschule Bremerhaven. Universidade de Ciencias Aplicadas de Alemaña).
Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Administración e Dirección de Empresas e Dereito.
Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Administración e Dirección de Empresas e Enxeñería Informática.
Inserción Laboral
Ámbito Profesional
- Planificación e xestión económico-financeira dos recursos hídricos nunha contorna de sustentabilidade
Ocupación
- Xestor/a integral de recursos hídricos
- Técnico/a, experto/a, especialista en economía circular
- Técnico/a en responsabilidade social corporativa
- Consultor/a en xestión do coñecemento
- Xestor/a de transferencia tecnolóxica
- Consultor/a de e- business
- Experto/a en márketing de servizos
- Consultor/a de administración e estratexia
- Técnico/a de investigación de mercados
- Asesor/a e conselleiro/a financeiro
Máis información