Título universitario superior que ofrece coñecemento para formar a profesionais no deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas educativas para a promoción e integración social das persoas ao longo da vida, respectando os diferentes contextos de socialización, para garantir á cidadanía o dereito á educación, facilitarlles estratexias para a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento da autonomía, así como a máxima potencialidade das súas capacidades para unha integración e participación social ampla.
Ámbito Profesional de Inserción Laboral
- Deseño, desenvolvemento, programación e avaliación de proxectos de innovación educativa
- Asesoría e apoio ao persoal docente na aplicación de metodoloxías innovadoras para a aprendizaxe, así como no uso de recursos e equipamentos científicos
- Asesoría e apoio ao persoal docente na revisión e mellora das accións formativas presenciais, semipresenciais e virtuais
- Elaboración de materiais didácticos en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible
- Planificación, deseño e realización de actividades lúdico-recreativas con especial interese para o medio natural, social, e cultural
- Educación ambiental
- Educación socioeducativa
Máis información