Título de grao que ofrece formación en materia turística que comprende as necesidades da xestión empresarial e o aproveitamento turístico dos recursos naturais e culturais, a partir dun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co turismo, como son a xestión empresarial, planificación estratéxica, o márketing, economía ambiental, o comercio internacional, a xestión de aloxamentos e restauración, así como a xeografía e socioloxía.
Área de Actividade Formativa
- Principal: Xestión da Auga
- Relacionada: Medioambiente
Interese Académico, Científico e Profesional
Título de grao do que só hai dous no Sistema Universitario de Galicia.
Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Turismo e Xeografía e Historia.
No curso 2020/2021 ofertarase unha nova simultaneidade académica Programa de Recoñecemento Mútuo de Estudos Bachelor of Arts in Cruise Tourism Management en Hochschule- Bremehaven (Alemaña) e o Grao en Turismo (Universidade de Vigo).
Inserción Laboral
Ámbito Profesional
- Desenvolvemento Turístico. Deseño e desenvolvemento de plans de desenvolvemento turístico, participación en plans de ordenación e políticas turísticas
- Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento de recursos turísticos
- Promoción. Deseño, comercialización e distribución de produtos turísticos
- Dinamización Turística. Información, fomento e promoción de vendas de produtos turísticos; Investigación de mercados turísticos
- Consultoría e Asesoría. Creación de infraestruturas no sector turístico; Asesoría a empresas e a entidades con competencia en materias turísticas
Ocupación
- Responsable de desenvolvemento de destinos turísticos
- Responsable de planificación e xestión pública de destinos turísticos
- Promotor/a de actividades turísticas
- Responsable de márketing para produtos e actividades turísticas
- Xestor/a de empresas turísticas
- Director/a de entidades do sector termal
- Técnico/a de aloxamento termal
- Consultor/a de o impacto do turismo sobre a calidade da auga
- Especialista en xeoturismo
- Axente de desenvolvemento local
Máis información