Este novo Congreso Internacional de Turismo Termal, será probablemente o de maior calidade, co maior número de persoas participantes e cun extenso programa. Espéranse máis de 300 delegados e delegadas internacionais e todos os continentes estarán representados nos relatorios.
O turismo termal é unha ferramenta potente para contribuír a salvagardar o patrimonio termal mundial (natural, cultural e intangible) e para proporcionar beneficios socioeconómicos, incluíndo a dinamizacion de áreas rurais e a creación de ingresos e ocupación estable. Considérase que será un dos campos de turismo que experimentará un crecemento maior. Os turistas buscarán experiencias wellness, integrándose nos territorios e interactuando con habitantes locais. No Congreso exploraranse conexións con outros recursos culturais e naturais para crear novos produtos sustentables e mellores.
SEGUIMENTO:
Pódese participar no congreso tanto presencialmente como de maneira online.
PREZO:
Desde os 49€ para o seguimento online, aos 99€ para membros de asociacións promotoras e 159€ para o público xeral.
INFO:
Toda a información e programa en https://thethermalcongress.com/
INSCRICIÓN:
Ata o 13 de setembro para a participación presencial e o 25 de setembro para a telemática.
Para a inscrición, visitar esta páxina: https://thethermalcongress.com/registration/