Con motivo da celebración do seu 40 aniversario e entendéndoa como unha actividade estratéxica, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense asume a organización da 2ª Edición do Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, en colaboración co Foro de Debate e Divulgación Científica Ágora Termal. Unha iniciativa que, aceptando o carácter multifuncional dos recursos termais, pretende conxugar e poñer en valor as diferentes potencialidades do seu aproveitamento sostible, sen perder de vista a esencialidade das aplicacións terapéuticas e a complementariedade entre usos.
Bloques temáticos
1. Lexislación: balnearios e desenvolvemento territorial
(Responsables: Roberto Bustillo Bolado e Sofía Salgado Pontón)
2. Xacemento termal e sustentabilidade
(Responsable: Pedro Araújo Nespereira)
3. Turismo de saúde e benestar
(Responsables: José Antonio Fraiz Brea e Nita Torres Reboiras)
4. Desenvolvemento territorial e políticas públicas
(Responsables: José Ángel Vázquez Barquero e Xosé Somoza Medina)
5. Balnearios e turismo na historia
(Responsables: Rafael Vallejo Pousada e José María Eguileta)
6. Medicina termal: aspectos terapéuticos, promoción e prevención da saúde
(Responsables: Dolores Fernández Marcos e Juan Jesús Gestal Otero)
7. Cosmética termal, peloides e outros derivados termais
(Responsable: Lourdes Mourelle Mosquera)
8. Innovación, xestión e gobernanza para unha balneoterapia sostible
(Responsable: Francisco Reyes Santías)
9. Microbioloxía e química das augas termais
(Responsable: Mª José Pérez Álvarez)
10. Termalismo e envellecemento saudable
(Responsable: José María Faílde Garrido)
11. Miscelánea
Comunicacións
Destinatarios: investigadores e investigadoras da comunidade universitaria e persoal de I+D de entidades públicas ou privadas que traballan sobre a temática da balneoterapia. Baixo o epígrafe “Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico”, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense converterase nun foro de debate que aborde esta temática desde unha perspectiva multidimensional, tanto no ámbito nacional como internacional.
A data límite para o envío de resumos estendidos finalizao 30 de xuño de 2026. O Comité Científico avaliará todas as propostas e comunicará a súa aceptación como comunicación oral, poster ou non aceptación por correo electrónico antes do 15 de xullo de 2026.
Inscrición e prezos
Pódese pagar unha cota reducida até o 31 de xullo. A inscrición ficará pechada o 18 de setembro.
Toda a información do Congreso está accesible na súa web (arriba na caixa gris).
