II Xornadas sobre termalismo: auga, saúde e coñecemento

Abrir

As Xornadas sobre termalismo: auga, sáude e eocñecemento chegan á súa segunda edición. Nelas, especialistas de diferentes áreas exporán as súas investigacións e traballos arredor da temática.

Haberá conferencias sobre a Física da auga quente, fría e subenfriada, a cargo de Claudio Cerdeiriña (Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo); sobre o termalismo no proceso do envellecemento saudable, a cargo de Miriam Vázquez, e sobre antropoloxía social dos espazos termais de Ourense, con Fátima Braña (Facultade de Educación e Traballo Social). Seguiranlle intervencións de Silvia González, da Facultade de Filosofía e Letras da Universidad Complutense de Madrid, sobre o termalismo romano da provincia de Ourense no contexto do Imperio Romano; e de Xosé Carballido, exdirector xeral de Termalismo-Concello de Ourense, sobre o papel do concello como peza clave no desenvolvemento do termalismo en Ourense. Todas estas actividades na primeira das xornadas, o día 18 de marzo.

O segundo día, o 25 do mesmo mes, comezará cunha conferencia titulada Ulvanos e auga termal das Burgas, a cargo de Mª Dolores Torres (Facultade de Ciencias) e Mª Milagros Fernández. Seguiranlle outras sobre o impacto da balneoterapia no abordaxe farmacolóxico da fibromialxia, a cargo de Natalia Calvo (Facultade de Enfermería de Ponferrada) e sobre acne e auga termal das Burgas, de Nerea Dorado (Escola Universitaria de Enfermería de Ourense). A programación rematará coa presentación de dous proxectos elaborados por alumnado da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense de cuarto curso, un sobre o benestar termal como aliado da dermatite atópica, de Sara Darriba, Laura González e Gabriela Pérez, e outro sobre o efecto da auga mineromedicinal nos hábitos do sono, de Alba Ferreiro, Laura López, Noelia Franco e Ico Tejera. Finalizadas as dúas dúas sesións celebrarase unha mesa redonda e, tamén, darase a coñecer o libro de actas da anterior edición.

Inscrición

A inscrición, gratuíta, está aberta dende o 2 ata o 17 de marzo de 2026 e ata cubrir a capacidade. Para garantir unha axeitada organización e o recoñecemento da asistencia, hai dúas modalidades de inscrición diferenciadas, unha para profesionais sanitarios (actividade baremable para as listas de contratación do Sergas, suxeita aos criterios de avaliación da Comisión de Formación Continuada) e outra para o demais público interesado.