Auga, sustentabilidade e desenvolvemento
O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento enmarcase como unha das liñas de orientación estratéxica do Campus Auga (Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 21 de novembro de 2013, polo que se autoriza o comezo do proceso de especialización da Universidade de Vigo, do Campus Auga no campus de Ourense e Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a implantación e desenvolvemento do Plan Estratéxico, de 14 de marzo de 2014).
O Programa ten en conta as seis áreas de especialización que aglutina –Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación-, e que se integran en tres bloques temáticos de investigación: Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento.
Web do programa de doutoramento
Comisión Académica
O Real Decreto 99/2011 establece que a Comisión Académica de cada Programa de Doutoramento (CAPD) é a responsable da súa definición, actualización, calidade e coordinación, así como do progreso da investigación e da formación e da autorización da presentación de teses de cada doutorando do programa.
A estrutura, composición, competencias e funcionamento están establecidos no Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo (aprobado en Consello de Goberno de 20/07/2012).
Composición
Nome | Centro |
---|---|
José Eugenio López Periago | Coordinador – Facultade de Ciencias |
Ana Mª Tobío Rivas | Secretaria – Facultade de Dereito |
Julio Prada Rodríguez | Facultade de Historia |
Arno Formella | Escola Superior de Enxeñaría Informática |
Miguel Ángel Michinel Álvarez | Facultade de Dereito |
Xosé Manuel Cid | Facultade de Ciencias da Educación |
Marcos Álvarez Díaz | Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo |
Carlos Fernando Da Silva Rámos | Vice-Presidente do Instituto Politécnico de Porto |
António José Rocha Martins Da silva | Vice-Reitor para Ciência, Tecnologia e Inovaçao da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro |
Nomeamento
Actas
2016: 11/05/2016
Acordos
2016: 11/05/2016 | 29/06/2016
Colaboración con outros centros
Protocolo de colaboración coa UTAD e o IPP.
Proceso de implantación
28/07/2016 – Consello Social: aprobación da Memoria Final (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.
22/07/2016 – Consello de Goberno: aprobación da Memoria Final (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.
30/06/2016 – Consello de Campus: aprobación da proposición ao órgano competente da Memoria Final do programa.
29/06/2016 – CAPD do Campus Auga: aprobación da Memoria Final (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.
11/05/2016 – CAPD do Campus Auga: aprobación da Memoria Inicial (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.
06/05/2016 – Xunta de Facultade de Dereito: aprobación da adscripción formal do Programa de Doutoramento.
04/03/2016 – Comisión Permanente da EIDO: aprobación da declaración de interese do Programa de Doutoramento.
01/03/2016 – Consello de Campus: declaración de interese informada favorablemente neste consello.