Como competencias distintivas do seu dominio de coñecemento, que representan a agregación estratéxica singular do potencial de excelencia da súa actividade de docencia e investigación: Alimentación, Medioambiente e Xestión da auga.

Alimentación
Coñecemento especializado na xeración e promoción de alimentos e produtos alimentarios de alto valor engadido, funcionais, seguros e de calidade diferenciada, no que se promove un uso sustentable do consumo de auga, que contribúe á mellora da competitividade e impulso da innovación do sector agroalimentario, e que facilita o acceso a unha dieta saudable adecuada para cada idade e condición fisiológica.
Temáticas
- Investigación, desenvolvemento e innovación na produción, elaboración e conservación de alimentos
- Calidade e seguridade dos alimentos
- Competitividade e innovación da industria de produción de alimentos
- Sustentabilidade ambiental na industria alimentaria
PALABRAS CHAVE
Innovación en alimentos, Calidade alimentaria, Seguridade alimentaria, Produción de alimentos, Sustentabilidade ambiental da industria alimentaria, Dieta saudable

Medioambiente
Coñecemento especializado na protección e conservación do medioambiente, o seu impacto na calidade e distribución dos recursos, en especial os recursos hídricos, que se orienta cara ao desenvolvemento de novos ou mellorados sistemas de xestión ambiental e á aplicación de prácticas agrícolas que aseguren a sustentabilidade da produción agraria, para contribuír ao mantemento dos ecosistemas, fortalecendo a súa capacidade de adaptación aos efectos do cambio climático.
Temáticas
- Auga, solo, flora e fauna. Protección dos recursos naturais
- Cambio climático, ciclo hidrolóxico e recursos hídricos
- Calidade biolóxica ambiental, calidade da auga e avaliación de sistemas agrarios
- Conservación de espazos naturais protexidos, acuíferos e ecosistemas de auga doce
- Investigación aplicada sobre augas termais e mineiromedicinais
PALABRAS CHAVE
Auga e solo
Calidade da auga
Impacto ambiental
Cambio climático
Conservación da biodiversidade
Ecosistemas agrarios

Xestión da auga
Coñecemento especializado na xestión de recursos hídricos, que desde un enfoque multi-disciplinar e atendendo á diversidade de perspectivas dos distintos elementos vinculados coa auga, promove a xestión coordinada e equitativa da auga, a terra, e os recursos relacionados, para maximizar o benestar social e económico. Esta xestión integral inclúe os aspectos legais, empresariais, turísticos e patrimoniais, sen que a formulación de solucións aos problemas hídricos e de desenvolvemento comprometa a sustentabilidade dos ecosistemas para o futuro.
Temáticas
- Réxime xurídico da auga
- Economía circular e loita contra o cambio climático
- Recursos hídricos e eficiencia económica
- Termalismo, turismo e auga
- Patrimonio natural, material e inmaterial da auga e o seu aproveitamento na ordenación e desenvolvemento do territorio
PALABRAS CHAVE
Xestión de recursos hídricos
Réxime xurídico da auga
Economía circular
Termalismo
Turismo e auga
Patrimonio da auga