No marco do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus Auga, no ano 2015, desde a súa Facultade de Dereito púxose en marcha a revista electrónica anual Redas. Tamén arredor do Campus Auga, de xeito bianual organízase rotatoriamente entre as escolas e facultades de Ourense o Congreso Internacional da Auga, cuxa última edición, a cuarta, tivo lugar en outubro de 2022 centrado nesta ocasión no Dereito e Auga no Horizonte 2030. A Facultade de Dereito foi a responsable do evento. Este novo número da revista está dedicado a recoller os traballos presentados no Congreso.
Sete anos de actividade
O número 7 (2023) de Redas xa está dispoñible para a súa consulta e descarga de balde na web desta publicación especializada en auga, medio ambiente e desenvolvemento sostible, cuxos contidos van dirixidos a persoas interesadas nestas materias que proveñen tanto do ámbito académico como do profesional. A revista está dirixida por Roberto O. Bustillo, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo, contando como secretaria académica con Laura Movilla, profesora da Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais.
Pódese ver a estrutura deste número e visualizar o Editorial, a Crónica e os traballos dos Materiais didácticos e divulgativos facendo clic no botón de abaixo