A xornada ten como obxectivo difundir a investigación relacionada coa auga en tódolos seus posibles ámbitos, tratando este ano sobre a relación da auga co clima, profundizando na xestión territorial necesaria para un maior aproveitamento do recurso da auga ante un clima cambiante e tamén sobre o coñecemento do clima pasado a través da recuperación de datos históricos.
As conferencias diríxense a estudantes, profesores, investigadores, profesionais e, en xeral, persoas interesadas en coñecer as investigacións multidisciplinares en relación coa auga.
A asistencia e libre, e no formato presencial só está condicionada polo aforo da sala (104 asistentes).
A participación na actividade será valorada no documento de actividades do programa de doutoramento. Achegarase diploma académico de participación na xornada.