O Congreso é un foro científico de carácter bianual para fomentar a colaboración internacional entre o persoal investigador do Campus Auga, atraer a participación de representantes de organizacións chave en temáticas da auga –en consonancia cos bloques temáticos do Congreso definidos en cada edición–, maximizar os beneficios das colaboracións e proxectar a visibilidade global do Campus.

Congresos realizados até o momento


IV Congreso Internacional da auga

DEREITO E AUGA NO HORIZONTE 2030 | Outubro de 2022

Nesta edición abordáronse retos específicos da gobernanza da auga no marco dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, desde unha perspectiva xurídica interdisciplinar e coa participación de especialistas de referencia.

Imaxe promocional do IV Congreso Internacional da Auga

III Congreso Internacional da auga

AUGA, SOCIEDADE E TERRITORIO | Outubro de 2018

Edición de carácter multidisciplinar na que se analizaron aspectos concretos sobre a realidade histórica, artística e xeográfica da auga e o ser humano en diferentes territorios e sociedades.

Imaxe promocional do III Congreso Internacional da Auga

II Congreso Internacional da auga

INUNDACIÓNS E SECAS | Outubro de 2016

Nesta edición estudáronse os últimos avances na análise, prevención e mitigación dos asolagamentos e das secas.

Imaxe da promoción do II Congreso

I Congreso Internacional da auga

TERMALISMO E CALIDADE DE VIDA | Setembro de 2015

Estivo dedicada á auga termal e mineromedicinal, tanto no que se refire á súa calidade e xestión económica e xurídica, como ás aplicacións terapéuticas, aproveitamentos turísticos, etc

Fragmento da capa do libro de actas do I Congreso