Consello Reitor

Representa o órgano de goberno del Campus Auga. Actúa como garante do correcto funcionamento da actividade asumindo as funcións de dar conta das actuacións ao Consello de Goberno da UVigo, analizar a información que en relación ao Campus Auga transmiten os diversos centros e atender os informes dos Comités Consultivos.

A composición do Consello Reitor está representada por:

  • Reitor/a da Universidade de Vigo.
  • Vicerreitor/a do Campus de Ourense.
  • Vicerreitor/a de Investigación.
  • Vicerreitor/a de Transferencia, Innovación e Impacto Social.
  • Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia).
  • Representante do Consello Social da Universidade de Vigo: Grupo Valtalia.
  • Representante do sector empresarial: Grupo COREN.
  • Director/a do Campus Auga.

Comités Consultivos

Actúan como garantes do correcto cumprimento dos obxectivos e accións propostos no desenvolvemento da estratexia do Campus Auga.

Comité de Persoas Expertas

O Comité de Persoas Expertas está integrado por profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos científicos das temáticas do Campus Auga, como son a Alimentación Funcional, Agricultura e Medio Ambiente e Xestión da Auga Termal. Actualmente está constituído por:

  • Lilian Bouçada de Barrros, do Instituto Politécnico de Bragança (Portugal).
  • Fabrizio Araniti, da Universitá degli Studi di Milano (Italia).
  • Cristina Lazcano Larkin, da California University, Davis (Estados Unidos).
  • Ana Rodríguez Mateos, do Kings College London (Reino Unido).
  • Felipe Macías Vázquez, da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Seid Mahdi Jafari, da Gorgan University of Agricultural Sciences and Natural Resources (Irán).
  • Juan M. Lema Rodicio, da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Juan J. Gestal Otero, da Universidade de Santiago de Compostela
  • Francesco Sindico, da University of Strathclyde de Glasgow (Reino Unido).

Comité Socio-Empresarial

Agrupa a asociacións empresariais e empresas, clusters e sector público relacionados igualmente coas temáticas do Campus Auga. Forman parte del:

  • Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).
  • Área de Turismo Termal da Xunta de Galicia.
  • Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia (Auga de Galicia).
  • Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
  • Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec).
  • Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico en Ourense-Inorde (Deputación de Ourense).
  • Grupo Caldaria.
  • Grupo Cuevas.
  • Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Galega (COREN).
  • Bodegas Gallegas.

A Dirección

Actúa como Secretaría do Consello Reitor exercendo as tarefas de responsabilidade da coordinación e do funcionamento do Campus Auga. Para iso conta coa colaboración e apoio do Comité de Dirección.

Comité de Dirección

Encárgase da toma e execución de decisións operativas estruturándose en catro áreas aliñadas cos ámbitos estratéxicos de actividade do Campus Auga: docencia, investigación, internacionalización e transferencia / emprendemento. Este comité está integrado polo/a director/a do Campus Auga, actuando como presidente, cinco vogais, membros do Persoal Docente e Investigador (PDI) da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e o/a xestor/a da oficina técnica do Campus Auga, que actúa como secretario/a do comité.