Conforma o ecosistema do Campus Auga unha rede plural de axentes cos que se constituíu un marco de cooperación estable, no que se facilita o intercambio de coñecemento e a súa transferencia á sociedade.
Institucións de educación superior
Compartimos con elas unha estratexia a medio-longo prazo, mellorando a calidade e o atractivo da educación superior e estimulando a cooperación entre as institucións, os seus estudantes e o seu persoal docente e investigador. Neste momento mantemos relacións con:
Centros de investigación e centros tecnolóxicos
Partners cos que desenvolvemos unha programación de actividades no ámbito da docencia, a investigación científica, o desenvolvemento tecnolóxico e a transferencia en campos de coñecemento de interese común. Neste momento mantemos relacións con:
Comunidade empresarial
Con ela promovemos o talento, a actividade emprendedora con valor engadido, e a transferencia de coñecemento como elementos chave para a construción dunha economía competitiva e sustentable. Neste momento mantemos relacións con:
Administracións Públicas
Son un apoio institucional continuo á actividade do Campus Auga. Neste momento mantemos relacións con:
Asociacións e plataformas / Outras alianzas
Participamos como socios fundadores na constitución de Aquavalor –Centro de Valorização e Transferência de Tecnologia da Água–. Tamén somos un socio activo da Plataforma Tecnológica Española del Agua. Ambos casos permítennos dispor de mecanismos que facilitan a interacción estratéxica co tecido produtivo e outras institucións.
Materializouse na formalización de distintas alianzas, creando as condicións favorables para fortalecer a posición do Campus como dinamizador dun territorio, –a eurorrexión Galicia Norte-Portugal–, no que a cooperación transfronteiriza é un factor esencial para un desenvolvemento socioeconómico sustentable.
A actividade do ecosistema do Campus Auga estrutúrase en función da tipoloxía dos axentes da contorna como pode verse no cadro anexo.