Convocados os VII Premios de Investigación Campus Auga

O Campus Auga convoca cinco modalidades de premios, creándose para as catro primeiras (A, B, C e D sinaladas a continuación) tres premios en metálico, un por cada unha das seguintes liñas de traballo:

  • Alimentación Funcional
  • Agricultura e Medio Ambiente
  • Xestión da Auga Termal

Cada traballo ou mérito soamente poderá presentarse ou vencellarse a unha das tres liñas indicadas anteriormente. Para a derradeira modalidade (letra E indicada máis abaixo), establécese un único premio en metálico .

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende as 00:00 horas do 1 de setembro de 2025 ás 23:59 horas do 12 de setembro de 2025.

Modalidades

A. Premio ao TFG/TFM máis destacado

Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora do TFG/TFM e para a/s persoa/s titora/s, así como dunha dotación en metálico de 930 € para o/a autor/a (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente).

B. Premio de investigación a teses de doutoramento

Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora da tese de doutoramento e para a/s persoa/s directora/s da mesma, así como nunha dotación en metálico de 1.150 € para o/a autor/a (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente), que será abonada pola Universidade de Vigo.

C. Premio de investigación á mellor contribución científica

Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora, así como para a/s coautora/s, de ser o caso, e nunha dotación en metálico de 730 € (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente) para a persoa autora, que será abonada pola Universidade de Vigo.

D. Premio ao mellor resultado de transferencia

Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora e a/s coautora/s, de ser o caso, e nunha dotación en metálico de 880 € (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente) para a persoa autora, que será abonada pola Universidade de Vigo.

E. Premio a accións ou actividades de divulgación científica

O premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora e a/s coautora/s, de ser o caso, e unha dotación en metálico de 930 € (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente) para a persoa autora.  

Máis información e documentación

Taboleiro electrónico:https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=45172729
Procedemento sede electrónica:https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/39272467
PDF da convocatoriaIr ao PDF
FormularioDescargar formulario
Toda a documentación na Secretaría da UVigohttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1651