A finais de setembro deste a no (2025) celebrouse o Primeiro Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora, un evento dirixido a persoal investigador en formación.
O congreso naceu co propósito de ofrecer un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica.
Foi unha oportunidade valiosa para presentar traballos nun ambiente accesible e enriquecedor, favorecendo tanto o desenvolvemento profesional como o crecemento persoal das persoas participantes.
Ademais, a participación estivo aberta a persoas cunha traxectoria investigadora consolidada que desexan contribuir ao enriquecemento científico e académico do encontro.
Abaixo podes ver un vídeo resume do congreso
