O Teatro Principal de Ourense acolleu o mércores 25 de novembro a entrega dos VII e VIII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga. En total, foron 22 os traballos galardoados, desde teses de doutoramento ata artigos científicos, realizados por persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo. Coa entrega destas distincións, a institución académica recoñece e estimular o esforzo da comunidade universitaria no desenvolvemento das liñas de especialización do Campus Auga.

O acto contou coa participación de Montserrat Cruz, vicerreitora do campus de Ourense; Manuel Martínez, vicerreitor de Investigación; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da UVigo; José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta; Alberto Vaquero, director do Campus Auga; e Rosendo Fernández, deputado provincial, entre outras autoridades. Na súa intervención, Montserrat Cruz destacou que estes premios poñen “cara e aplausos” a 22 traballos excepcionais e subliñou que o Campus Auga demostra que “desde Ourense, faise ciencia de primeiro nivel, cos pés firmemente asentados no territorio”.

Pola súa banda, Alberto Vaquero lembrou que o Campus Auga “representa unha aposta estratéxica polo territorio e polo seu futuro” e salientou a importancia de converter a investigación e a transferencia do coñecemento en ferramentas capaces de ofrecer respostas aos principais desafíos sociais, económicos e ambientais. O director do Campus Auga puxo o foco “no esforzo, a dedicación e a perseveranza que hai detrás de cada resultado científico, así como na importancia do traballo colectivo”, e agradeceu o apoio da Xunta de Galicia, das entidades privadas e do tecido socioempresarial que participan no desenvolvemento do Campus Auga.
Na súa sétima edición, os galardóns distinguiron nove iniciativas —teses de doutoramento, traballos fin de grao e mestrado, artigos científicos e accións divulgativas— e na oitava edición outros 13 traballos. Os premios abrangueron ámbitos como a caracterización de compostos fenólicos, os extremos hidrolóxicos, a prevención de enfermidades no viñedo, a extracción de compostos bioactivos de macroalgas ou a eliminación de contaminantes en augas residuais. A gala comezou coa lectura dun manifesto polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a cargo de Antonia Blanes, de Mirada Mulleres Máis 60, e coa actuación do coro universitario do campus de Ourense.
Premios da sétima edición
Na sétima edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga entregáronse nove galardóns.
Teses de doutoramento
- “Unraveling the industrial potential of Arnica montana: a comprehensive study on phenolic compounds characterization, extraction and technological applications”, de Paula García, dirixida por Jesús Simal e Miguel Ángel Prieto.
- “Drivers of hydrological extremes in current and future climates: the role of atmospheric moisture transport”, de Luis Gimeno Sotelo, dirixida por Sergio Martín Vicente e David Barriopedro.
- “Estudo da potencialidade do xacemento xeotérmico Ourense-cidade”, de José Ángel Cid, dirixida por Pedro Araujo.
Mellores TFG e TFM
- Ana Pérez, polo TFM “Euphorbia hirta and Euphorbia jolkinii as potential sources of antioxidant compounds: a nutritional, chemical, and bioactive characterization”, dirixido por Jesús Simal e Miguel Ángel Prieto.
- Iria Moreira, polo TFG “Efecto de nanopartículas de ferro na xerminación e crecemento inicial de trigo e quinoa. Avaliación da mobilidade en solos agrícolas”, dirixido por Paula Pérez e Cecilia Araceli Martínez.
- Sofía Salgado, polo TFG sobre o réxime xurídico do aproveitamento das augas termais por establecementos balnearios e espazos termais de uso lúdico en Galicia, dirixido por Roberto Bustillo.
Contribucións científicas
- “Extraction of phenolic compounds from grape pomace using ohmic heating: chemical composition, bioactivity and bioaccessibility”, de Pedro Miguel Ferreira, do Departamento de Enxeñaría Química, publicado en Food Chemistry e asinado xunto con C. Nobre, R.M. Rodrigues, Z. Genisheva, C. Botelho e J.A. Teixeira.
- “Innovative low-voltage 3D electrode system using pine cone biochar for efficient removal of multicomponent pollutants from wastewater”, de Nuria Bernárdez, do mesmo departamento, publicado en Journal of Water Process Engineering e realizado con Emilio Rosales, Marta Pazos e M. Ángeles Sanromán, do CINTECX.
Divulgación científica
- “Aprendo a ler o que como. Formando consumidores responsables desde a aula”, coordinado por Beatriz Cancho e Raquel Rial.

Premios da oitava edición
Na oitava edición entregáronse trece galardóns.
Teses de doutoramento
- “Presenza, transporte e degradación de antibióticos de uso humano (ciprofloxacina, claritromicina e trimetoprima) en solos agrícolas”, de Lucía Rodríguez, dirixida desde a Facultade de Ciencias por Manuel Arias e Andrés Rodríguez Seijo.
- “Produción dirixida de xilooligosacáridos mediante tecnoloxías enzimáticas innovadoras para a súa aplicación en ingredientes alimentarios”, de Andrea Rodríguez, dirixida por María Luisa Rúa e Clara Fuciños.
- “Deseño dun sistema CAD en colonoscopia baseado en aprendizaxe automática”, de Rubén Domínguez, dirixida por Miguel Reboiro e Hugo López.
Traballos fin de mestrado
- “Efecto das cubertas vexetais sobre a fertilidade do solo en viñedos. Ensaios nas denominacións de orixe Rías Baixas e Monterrei”, de Roxana Cutillas, titorizado por Paula Pérez e Andrés Rodríguez Seijo.
- “Extracción secuencial de compostos bioactivos de Laminaria ochroleuca”, de Gilberto Quintela Ferraz, titorizado por Noelia Flórez e María Remedios Yáñez.
- “Macroalgas mariñas vermellas: Porphyra sp. como modelo para unha biorrefinería para obtención de proteínas e xilano”, de Andrea Luaces, titorizado por María Luisa Rúa e Ana María Torrado.
Contribucións científicas
- “Hydrophilic composite nanoparticles of wheat gluten protein and carboxymethyl cellulose by pH cycle and its emulsification properties for loading curcumin”, asinado por Pengren Zou, Celia Costas, Susan Jyakhwo, Yihao Luo, Li Luo, Zhaojun Wei e Paz Otero, publicado en Food Chemistry: X.
- “Advancing 3D printed seafood analogues with tetraselmis chui and tetraselmis chui water extract”, asinado por Pedro Miguel Ferreira Santos, Catarina Moreira, Carmen Molina, José A. Teixeira, Cristina M. R. Rocha e Javier Martínez, publicado en Food and Bioprocess Technology.
- “Eco-friendly technologies for obtaining antioxidant compounds and protein hydrolysates from edible insect Tenebrio molitor beetles”, realizado por Nuno Muñoz, Helena Fernandes, Borja Fernandez, José Manuel Domínguez e José Manuel Salgado, publicado en Food Chemistry.
Transferencia
- Proxecto “Prevención da incidencia de Black rot en viñedo ecolóxico (Blackrotend)”, de María Fernández e Francisco Javier Rodríguez Rajo.
- Curso “Iber como ferramenta para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil”, de Diego Fernández, Moncho Gesteira, María Teresa de Castro, Orlando García, José González Cao e Helena Barreiro.
- “Formación teórica-práctica para a posta en marcha dun obradoiro de elaboración de conservas de tomate nas instalacións da Fundación Menela”, de María Inmaculada Franco, Raquel Rial, Beatriz Cancho, María Concepción Pérez e Elena Falqué.
Divulgación científica
- Xornada “Innovación cara a sostibilidade no viñedo”, realizada por Paula Pérez.
