A Vicerreitoría do campus de Ourense, contando coa achega económica da Excma. Deputación Provincial de Ourense, a partir do Convenio de colaboración anual subscrito entre ámbalas dúas institucións, convoca anualmente as Axudas a grupos de investigación do campus de Ourense – Proxectos INOU -.

O obxectivo deste programa é apoiar as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como a especialización do campus de Ourense – Campus Auga. Para iso fináncianse proxectos relacionados cos ámbitos socioeconómicos máis propios da provincia, como o turismo, a agricultura e gandería, o comercio, a xestión integral e o aproveitamento de recursos hídricos, especialmente os relacionados co termalismo, ou calquera outro sempre que se xustifique axeitadamente a súa relación coa provincia de Ourense, ou coa especialización do Campus Auga.

Ao mesmo tempo pretende ser unha vía para que o persoal investigador a tempo completo máis novo, e que ten máis dificultades para acudir a outras convocatorias, poida poñer en marcha os seus proxectos, contribuíndo tamén a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á investigación.

 

Publicacións

Descrición

Este libro recompila os resultados da investigación dos proxectos beneficiarios da convocatoria de Axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense – INOU2019, financiados a través do convenio coa Deputación Provincial de Ourense para o desenvolvemento de actividades no Campus de Ourense.

Nesta anualidade financiáronse cinco proxectos de investigación coordinados, compostos por subproxectos liderados por persoas investigadoras de distintos ámbitos de coñecemento do campus de Ourense. As súas temáticas abranguen o turismo sostible nos espazos naturais protexidos da provincia de Ourense, a potenciación do interese turístico do Complexo Arqueolóxico e Termal de Aquis Querquennis, o desenvolvemento de ferramentas para a mellora continua da calidade do sector hoteleiro ourensán ou a circularidade das actividades económicas da provincia, e a prevención e intervención no fracaso escolar en matemáticas dos e das escolares da nosa provincia.

 

Acceso á publicación completa

 

Publicación completa

 

Prólogo

 

Prólogo

 

Indice

Capítulo Páxina
Indicador composto de valoración do desempeño turístico sustentable dos espazos naturais protexidos (ENP) da provincia de Ourense 9
Análise de inundacións no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis 37
Documentación, delimitación, estado de conservación e valoración científica e patrimonial do xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis (Baños de Bande, Ourense) 55
Impacto socioeconómico do campamento romano Aquis Querquennis 107
Perfís aritméticos na escola elemental 121
Solución tecnolóxica para PREVIN-MAT 143
Desenvolvemento de ferramentas para apoiar a calidade e a mellora continua no sector hoteleiro ourensán 159
Optimizar os indicadores de circularidade económica mediante a inclusión de factores correctores que non penalicen o sector agroalimentario da provincia de Ourense 189
Establecemento dos balances de materia no sector agroalimentario da provincia de Ourense a fin de optimizar os indicadores de circularidade material 213

 

Consulta a convocatoria