[Ver formulario no fondo da páxina]
O prazo para enviar o resumo dunha comunicación oral ou dun póster para o I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora (Congreso AQUAXI) finaliza o 31 de xullo de 2025
Só se acepta unha comunicación ben sexa oral ou póster por inscrición.
Indicacións para facer unha presentación oral ou un póster
As presentacións orais ou o póster pódense facer en calquera dos idiomas aceptados no congreso, esto é: galego, portugués, castelán e inglés.
Comunicacións orais:
- Tempo de presentación: 15 minutos. Ao finalizar cada presentación, haberá 5 minutos para formular preguntas, comentarios e discusión.
- Estilo da presentación: É obrigatorio usar os modelos oficiais do Congreso para as exposicións orais. [Descargar os modelos oficiais de comunicacións orais].
- Antes do 17 de setembro de 2025 deben enviarse as presentacións finais ao enderezo: congreso.campusauga@uvigo.gal.
Póster:
- Dimensións: Debe ter un tamaño A0 (84.1 x 118.9 cm).
- É obrigatorio usar os modelos oficiais do Congreso. [Descargar o modelo oficial de póster].
- No mostrador de rexistro indicaráselle ás persoas que presenten un póster a zona na que estarán expostos.