Ourense e a súa provincia destacan pola súa alta potencialidade termal, constituíndo un auténtico referente a nivel ibérico e internacional.
A auga constitúe un recurso universal de primeira necesidade, de importancia mundial, cuxo coñecemento, xestión e uso poden e deben ser abordados desde unha perspectiva global necesariamente multidisciplinar.
Un dos seus aspectos máis destacados e de plena actualidade é o relativo ás augas mineiromedicinais e termais. O seu estudo e aproveitamento inciden claramente na calidade de vida da sociedade actual, contribuíndo moi significativamente á consecución do anhelado estado do benestar.

Edicións do Simposio
IV Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida
Ourense, do 15 ao 17 de setembro de 2021

III Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida
Ourense, do 18 ao 19 de setembro de 2019

II Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida
Ourense, do 20 ao 21 de setembro de 2017

I Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida
Ourense, do 23 ao 24 de setembro de 2015
