O Venture Lab do Campus Auga é unha iniciativa que xurde entre o propio Campus e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo.
Ten por finalidade converterse nun espazo de formación e de encontro entre o alumnado con ideas de emprendemento, o profesorado que o asesore e as empresas do ecosistema innovador, buscando sinerxías e fomentando a relación entre eles. Será un punto de encontro permanente, con manuais de aprendizaxe, xornadas de formación e eventos no que o estudantado e a empresa desenvolvan a súa colaboración con éxito
Xornadas Venture Lab de emprendemento do alumnado universitario

O Campus Auga promovió unhas xornadas de formación en emprendemento dirixidas ao alumnado universitario. Celebráronse os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.
Facendo clic no botón de abaixo accédese á nova que amplia a información.
O Campus Auga explica nunha publicación como iniciarse no mundo da empresa e da innovación

O Campus Auga editou Plan de Formación de Innovación 2024, un libro que ofrece un enfoque integral, desde a teoría á práctica, sobre o emprendemento empresarial, adaptado de xeito especial ás necesidades do alumnado universitario.
Facendo clic no botón de abaixo accédese á nova que amplia a información.

Se tes interese en participar no Venture Lab ponte en contacto con nós