Co fin de “reivindicar un termalismo terapéutico que pode estar perfectamente irmanado aos aspectos lúdicos que rodean a visión turística”, a Escola de Enfermería de Ourense organizou os días 19 e 26 de marzo de 2025 as “I Xornadas sobre termalismo: auga, saúde e coñecemento” no Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade de Ourense. Estas xornadas están dirixidas a profesionais da saúde e público en xeral.

Na inauguración das primeiras xornadas contouse coa presenza da directora da Escola –María Milagros Fernández Varela–, o Vicerreitor do Campus de Ourense –Francisco Javier Rodríguez Rajo– e coa presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense –María José Menor Rodríguez–.

  1. Descargar o programa das I Xornadas
  2. Descargar o libro de actas das I Xornadas

Facer clic na imaxe para descargar o libro de actas das I Xornadas [PDF, 42MB]


Actualidade sobre estas Xornadas