Xa se poden solicitar as axudas INOU + POSDOU Campus Auga 2026

Esta aberta a convocatoria dirixida á concesión de axudas a proxectos para o persoal investigador na etapa de formación posdoutoral do Campus de Ourense-Campus Auga (INOU+ POSDOU Campus Auga 2026), no marco do financiamento do convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga (2024-2027).

Estas axudas teñen como finalidade contribuír a potenciar as áreas temáticas das liñas de especialización do Campus Auga, aprobadas no seu plan estratéxico 2024-2027.  

Con estas axudas preténdese que sexa unha vía de retención de talento, para que o persoal investigador novo con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras teñan a posibilidade de liderar proxectos como investigadores/as principais (IP), co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lles permitan obter as acreditacións e axudas que posibiliten a súa estabilización en organismos de investigación.

Toda a información sobre está convocatoria mais a solicitude na Secretaría da UVigo: