No marco do financiamento do convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga (2024-2027), púxose en marcha no 2025 o Programa INOU+ Posdou: axudas a proxectos para o persoal investigador na etapa de formación posdoutoral do Campus de Ourense.
Este programa ten como destinatarios perfís investigadores de alto potencial e cunha traxectoria destacada, que precisen desenvolver a súa capacidade de liderado. Estas axudas pretender ser unha vía de retención de talento, para que o persoal investigador novo, con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras, teñan a posibilidade de liderar proxectos como investigadores/as principais (IP), co fin de que adquiran as competencias e capacidades que lle permitan obter as acreditacións e axudas que posibiliten a súa estabilización en organismos de investigación.
Resolucións da relación de axudas concedidas neste programa:

