O obxecto destas bolsas é atender o custo económico que supón a realización de estudos de máster universitario para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.
As axudas previstas se destinarán a cubrir os gastos derivados do desprazamento desde o termo municipal da vivenda habitual ata o concello de Ourense.
Para poder solicitalas é necesario que a persoa estea inscrita no padrón dos concellos de Galicia de 5.000 habitantes ou menos, con 12 meses de antelación á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Tamén, dita persoa, ten que estar matriculada en titulacións de máster universitario en centros propios do campus de Ourense no curso 2025/2026 nun mínimo de 60 créditos ou da totalidade dos que lle permita a normativa da universidade, agás no caso de alumnado con discapacidade de grao igual ou superior ao 65 por cento que poderá reducir a carga lectiva ata un máximo de 50%. Así mesmo deberá non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dunha titulación do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que se solicita a axuda.
Requisitos económicos
a) A suma de rendas de todos os membros da unidade familiar non pode superar os seguintes limiares:
– Familias de 1 membro: 13.898,00 euros.
– Familias de 2 membros: 23.724,00 euros.
– Familias de 3 membros: 32.201,00 euros.
– Familias de 4 membros: 38.242,00 euros.
– Familias de 5 membros: 42.743,00 euros.
– Familias de 6 membros: 46.142,00 euros.
– Familias de 7 membros: 49.503,00 euros
– Familias de 8 membros: 52.850,00 euros.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.340,00 euros por cada novo membro computable.
b) O patrimonio familiar non pode superar os seguintes limiares:
– A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 €.
– A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00 €.
– Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MEFPD de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2025/2026.
Toda a documentación documentación da convocatoria e o sistema de solicitude na Secretaría da UVigo
