I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora
Este congreso está especialmente pensado para persoal investigador en formación, tanto en etapas predoutorais como posdoutorais. Con todo, a participación está aberta tamén a persoas cunha traxectoria investigadora consolidada que desexen contribuír ao enriquecemento científico e académico do encontro.
O congreso nace co propósito de ofrecer un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica. Trátase dunha oportunidade valiosa para presentar traballos nun ambiente accesible e enriquecedor, favorecendo tanto o desenvolvemento profesional como o crecemento persoal das persoas participantes.
Liñas temáticas do Congreso AQUAXI:
Alimentación Funcional
- Alimentación sostible, circular e valorización de subprodutos
- Biotecnoloxía alimentaria
- Trazabilidade y calidade alimentaria
- Dieta y alimentos nutracéuticos
Agricultura e Medio Ambiente
- Funcións do solo e servicios ecosistémicos
- Agricultura de conservación, rexenerativa e resiliente
- Agricultura intelixente
Xestión da Auga Termal
- Xestión de xacementos de augas termais
- Usos indirectos de las augas termais
- Usos lúdicos de las augas termais
Estas tres liñas de especialización apóianse á súa vez en tres áreas transversais de soporte:
Intelixencia artificial, Economía circular e Lexislación agroalimentaria y ambiental.
Tes toda a información sobre as Liñas de Especialización facendo clic no seguinte botón