As axudas a “Proxectos para o persoal investigador con traxectoria excelente do Campus de Ourense” son produto do Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense (2024-2027).
Estas axudas pretenden potenciar a captación e retención de talento para o persoal investigador adscrito ao programa “Ramón y Cajal” da convocatoria 2024 vinculado a un centro do Campus de Ourense, que afiancen unha liña de investigación baseada nun proxecto que potencie as liñas de especialización do Campus Auga aprobadas no seu plan estratéxico 2024-2027.
Toda a información e a documentación, na zona gris superior.
