VI Edición dos premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica Campus Auga

Open

Os galardóns están convocados pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e financiados a través do convenio de colaboración que ten a asinado a Universidade de Vigo coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para financiar o Campus Auga e do convenio que ten coa empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU.

Ao igual que en edicións anteriores, as categorías son cinco:

  1. Premio ao TFG/TFM máis destacado.
  2. Premio de investigación a teses de doutoramento.
  3. Premio de investigación á mellor contribución científica de alto impacto publicadas en 2021, 2022 ou 2023.
  4. Premio ao mellor resultado de transferencia, que distinguen pola súa relevancia patentes en explotación, produtos ou servizos comercializados por algunha empresa, estudos e informes de impacto contrastado, sempre que fosen resultado dun proxecto ou contrato realizado na Universidade de Vigo e finalizado en 2021, 2022 ou 2023.
  5. Premio a accións ou actividades de divulgación científica que destacar accións e actividades deste tipo realizadas no mesmo periódo e que contribúan á promoción do Campus Auga e a divulgar os seus logos e o seu coñecemento científico.

Nas categorías 1, 2 3 e 4 repartirase un premio por cada liña de traballo: Alimentación Funcional, Agricultura e Medio Ambiente, e Xestión da Auga – VIAQUA.