O Campus Auga pon en marcha unha nova de enquisas no marco do seu proceso de reacreditación como campus de especialización, co obxectivo de coñecer a percepción de distintos colectivos sobre o seu funcionamento, os avances acadados e as oportunidades de mellora. A iniciativa está dirixida aos órganos de goberno, á comunidade universitaria —persoal docente e investigador (PDI), persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) e estudantado— e ás empresas e entidades do tecido produtivo. As valoracións recollidas contribuirán a identificar necesidades e oportunidades de mellora, reforzar a vinculación do Campus coa súa contorna e orientar futuras actuacións.
A participación está aberta do 2 ao 30 de novembro de 2026 e realízase a través dun formulario específico para cada colectivo. Para participar fai clic na ligazón correspondente:
Desde a Dirección do Campus Auga anímamos a todas as persoas e entidades destinatarias a dedicar uns minutos a cubrir a enquisa correspondente.
A túa opinión conta para o futuro do Campus Auga. Participa!
