Este congreso está especialmente pensado para persoal investigador en formación, tanto en etapas predoutorais como posdoutorais. Con todo, a participación está aberta tamén a persoas cunha traxectoria investigadora consolidada que desexen contribuír ao enriquecemento científico e académico do encontro.
O congreso nace co propósito de ofrecer un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica. Trátase dunha oportunidade valiosa para presentar traballos nun ambiente accesible e enriquecedor, favorecendo tanto o desenvolvemento profesional como o crecemento persoal das persoas participantes.
Principais datas relevantes:
- 31 de xullo: data límite de envío de comunicacións.
- 31 de agosto: data límite para a inscrición.
Anímate, participa, e segue o evento a través das redes sociais, Instagram, Linkedin e X!