Conferencias inaugurais do Programa de Doutoramento do Campus Auga

Abrir

Con este evento inaugúrase o Programa de doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento, curso 2022/23

Estas dúas conferencias teñen por obxectivo difundir a cultura da investigación en relación coa auga no eido académico. Esta edición
adícase a historia do uso e a investigación das augas en Galicia.

Están dirixidas a unha audiencia formada por estudantes, académicos, investigadores, profesionais e, en xeral, persoas interesadas no
coñecemento da auga.

Programa

  • Benvida e presentación dos relatores
  • Conferencia: O lecer das augas. O paradigma lúdico dos balnearios españois, c. 1750-2019 por Luis Alonso Álvarez, Catedrático de Historia económica da UDC.
  • Conferencia:Pequena historia das análises de augas en Galicia. Antonio Casares por Francisco Díaz Fierros-Viqueira, Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Membro numerario da Real Academia Galega.

Asistencia

Libre segundo a capacidade da sala (104 asistentes). A participación na actividade será valorada no documento de actividades do programa de doutoramento. Achegarase diploma académico de participación na xornada.

Inscrición

Para inscribirse facer clic nesta ligazón

Retransmisión

Canal Directo 1, UVigo TV