Convocadas as bolsas Ourense Rural coa colaboración do Campus Auga

O Campus Auga colabora na edición das bolsas Ourense Rural 2025-2026.

As bolsas teñen por obxecto atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais de grao para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

As axudas previstas se destinarán a cubrir os gastos derivados do desprazamento desde o termo municipal da vivenda habitual ata o concello de Ourense ata un máximo de:

  • De 5 a 9 Km ………………………………………. 200 euros
  • De mais de 9 a 29 Km ……………………. 400 euros
  • De mais de 29 a 39 km …………………… 800 euros
  • De mais de 39 km ……………………………. 1.000 euros