A auga constitúe un recurso universal de primeira necesidade, de importancia mundial, cuxo coñecemento, xestión e uso poden e deben ser abordados desde unha perspectiva global necesariamente multidisciplinar.
O V Congreso Internacional da auga titulado “A auga como recurso sustentable: ciencia, empresa e benestar” inscríbese no marco de estudo e investigación do Campus Auga e ten por principal obxectivo ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados coa auga analizando diferentes liñas de investigación, nas que se contará coa participación de especialistas de referencia que, ademais de contextualizar a materia, expoñerán en forma de conferencia, diferentes resultados ou modelos de investigación dacordo cos seguintes bloques temáticos:
- Actividade turística e auga
- Termalismo
- Economía circular
- Empresa, Economía e Auga