Convocatoria de axudas do "Programa de pulo á valorización e transferencia do coñecemento" do Campus Auga

Abrir

⚠️ En aplicación da R. R. de 29 de abril pola que se amplían os prazos dos procedementos administrativos como consecuencia dun ciberincidente, o prazo para a presentación de solicitudes na convocatoria amplíase ao día 𝟭𝟯 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟱 ás 23:59 horas.

 

O obxectivo deste programa é  identificar, valorizar e madurar resultados de investigación con potencial de explotación e impacto no mercado, axudando a transformar o coñecemento xerado en produtos e servizos con valor no mercado.

Os proxectos obxecto desta convocatoria deben axudar a promover as primeiras etapas do desenvolvemento precompetitivo e facilitar a súa aplicación práctica, como a protección do coñecemento xerado, a análise da viabilidade técnica, comercial ou social, a obtención de prototipos tecnolóxicos, o desenvolvemento de escala piloto, probas con usuarios finais, a definición do modelo de negocio ou as primeiras fases de creación dunha empresa.

Estas axudas teñen como finalidade contribuír a potenciar as liñas de especialización do Campus Auga aprobadas no seu plan estratéxico 2024-2027. Ademais, esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á investigación no sistema universitario de Galicia.

Poderá ser beneficiario destas axudas o persoal investigador que cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria e que forme parte dun grupo de investigación do Campus Auga. A presentación de candidaturas poderá realizarse a título individual ou en equipo, podendo este estar formado por membros dun ou de diferentes grupos de investigación do Campus Auga.

Estas axudas teñen unha dotación máxima de 20.000 euros, sendo a subvención máxima para cada proxecto de 5.000 euros.

O prazo de presentación das solicitudes remata o día 6 de maio de 2025 ás 23:59 horas.