O título de grao en Intelixencia Artificial proporciona a formación ampla, profunda e multidisciplinar que precisan os e as profesionais deste ámbito e que resulta imprescindible para construír con éxito os servizos e aplicacións intelixentes que están a ter un impacto tan importante nas nosas vidas a todos os niveis.
.
Liña de especialización CAMPUS AUGA
- Support Area
MENCIÓNS
Sistemas de Información Intelixentes (SII)
INTERESE ACADÉMICO, CIENTÍFICO E PROFESIONAL
Trátase dunha titulación interuniversitaria no Sistema Universitario de Galicia, de catro cursos (240 ECTS), na que as materias dos dous primeiros cursos son comúns ás tres universidades (A Coruña, Santiago e Vigo). En terceiro e cuarto, na Universidade de Vigo desenvolvemos a orientación en Sistemas de Información Intelixentes (SII).
Nesta mención, o estudantado graduado adquirirá un perfil que capacita para o deseño, desenvolvemento e aplicación de técnicas e tecnoloxías baseadas en aprendizaxe e razoamento automático, Big Data, procesamiento da linguaxe natural, e interacción e percepción en tempo real para o desenvolvemento de SII.