Este grao forma futuras graduadas e graduados en Enxeñaría Tecnica Aeronáutica (profesión regulada) que se ocupen do deseño, construción, mantemento e mellora de aeronaves e vehículos espaciais así como de todo o equipamento, subsistemas e infraestruturas que requiren.
Liña de especialización CAMPUS AUGA
- Agricultura e medio ambiente
MENCIÓNS
- Aeronaves
- Equipos e Materiais Aeroespaciais
Interese académico, científico e profesional
Trátase dun sector industrial que se atopa nun proceso de crecemento exponencial, sendo á vez un sector emerxente da tecnoloxía, a produción e o emprego. Os títulos vinculados a esta rama supoñen unha maior especialización con respecto á Rama Industrial e resaltan por diferentes singularidades: a súa vinculación ao territorio, o seu sustento sobre tecnoloxías avanzadas, e a esixencia nos seus procesos produtivos, o que supón unha achega especialmente valiosa á nova cultura industrial que se require para a reindustrialización de Galicia.
É un título moi demandado polos estudantes que acceden á universidade, sobre todo tendo en conta que na actualidade, o título de Graduado ou Graduada en Enxeñaría Aeroespacial impártese apenas en dez universidades españolas