O título de Experto en Auga, termalismo e saúde ofrece unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal.

O programa estrutúrase en módulos que cubren dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga, ata a súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías. 

O curso inclúe prácticas de laboratorio, visitas e prácticas en empresas do sector, que permitirá ao estudantado aplicar os seus coñecementos en contornos reais. Esta formación prepara aos profesionais para traballar no ámbito da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais.

MÓDULOS

Módulo1

Enfócase no estudio do recurso introducíndose ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga, e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais.

Módulo 2

Céntrase na dermocosmética, detallando o uso da auga termal, na formulación de produtos para o coidado da pel.

Módulo 3

Aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.