Título de grao que capacita para desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas, e desenvolver esas tarefas no seu ámbito global, ou ben en calquera das súas áreas funcionais, produción, recursos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.

Os egresados serán capaces de: analizar o contexto socio-económico e o comportamento do mercado, así como determinar as medidas máis adecuadas que maximicen a xestión dos recursos, e garantan a eficacia dos procesos e dos resultados, coa finalidade de xerar riqueza e valor engadido.

Liña de especialización campus auga

  • Xestión da Auga Termal

Interese académico, científico e profesional

Posibilidade de cursar o Programa de Estudos Conxunto Internacional en Administración e Dirección de Empresas e Bachelor of Arts in Business Administration: Grao en Administración e Dirección de Empresas con recoñecemento mutuo en estudos de a Universidade de Vigo e a Universidade Hochschule-Bremerhaven (Alemaña).

Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Administración e Dirección de Empresas e Dereito.

Posibilidade de cursar o Programa Conxunto de Estudos Oficiais en Administración e Dirección de Empresas e Enxeñaría Informática.

Inserción laboral

Ámbito profesional

  • Planificación e xestión económico-financeira dos recursos hídricos nunha contorna de sustentabilidade

Ocupación

  • Xestor integral de recursos hídricos
  • Técnico, experto, especialista en economía circular
  • Técnico en responsabilidade social corporativa
  • Consultor en xestión do coñecemento
  • Xestor de transferencia tecnolóxica
  • Consultor de e-business
  • Experto en mercadotecnia de servizos
  • Consultor de administración e estratexia
  • Técnico de investigación de mercados
  • Asesor e conselleiro financeiro