O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria forma a doutores que desenvolven a súa actividade de I+D+i nos diversos elos da cadea alimentaria, desde a produción primaria de materias primas aos últimos avances en procesado de alimentos ou en biotecnoloxía, pasando pola calidade e seguridade alimentaria.
Preténdese garantir unha formación integral e multidisciplinar que lles permita aos futuros titulados desenvolver e implementar novas tecnoloxías en o sector agroalimentario, así como xerar novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado, capacitándoos cunha excelente preparación científica e madurez profesional para liderar e colaborar en actividades de I+D+i do sector científico-profesional da alimentación.
Liña de especialización CaMPUS AUGA
- Alimentación Funcional
Sinerxías entre liñas do doutoramento e temáticas de especialización
Alimentación
Liñas de investigación do doutoramento
- Caracterización e mellora da calidade sensorial (composición aromática) e funcional (perfil polifenólico) dos alimentos
- Alimentos nutracéuticos
- Produción e avaliación de antioxidantes naturais
- Obtención e avaliación de novos ingredientes funcionais
- Produción, purificación, caracterización e aplicación de encimas microbianas de interese alimentario e ambiental
- Produción e aplicación de bacterias lácticas probióticas e bacteriozinas
- Distribución de contaminantes químicos, orgánicos, agrícolas e ambientais na cadea de produción de alimentos.
- Seguridade alimentaria
- Revalorización de residuos agroalimentarios
- Aproveitamento e valorización de materiais residuais e subproductos da industria alimentaria mediante procesos fermentativos
Temáticas liña de especialización alimentación
- Investigación, desenvolvemento e innovación na produción, elaboración e conservación de alimentos
- Calidade e seguridade dos alimentos
- Competitividade e innovación da industria de produción de alimentos
- Sustentabilidade ambiental na industria alimentaria
MEdioambiente
Liñas de investigación do doutoramento
- Transporte de agroquímicos e elementos traza no sistema planta-auga-solo
- Estudo da presenza, distribución e mobilidade de metais pesados e pesticidas en solos
- Determinación do estado fitosanitario dos cultivos e modelos preditivos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
- Influencia do cambio climático sobre os cultivos e especies autóctonas
- Desenvolvemento de novos materiais a partir de biomasa vexetal
- Termalismo e xeotermia
- Estudo da calidade da auga e modelización de procesos hidrolóxicos en concas forestais
Temáticas liña de especialización medioambiente
- Auga, solo, flora e fauna. Protección dos recursos naturais
- Cambio climático, ciclo hidrolóxico e recursos hídricos
- Calidade biolóxica ambiental, calidade da auga e avaliación de sistemas agrarios
- Conservación de espazos naturais protexidos, acuíferos e ecosistemas de auga doce
- Investigación aplicada sobre augas termais e mineiromedicinais
Interese académico, científico e profesional
Programa de doutoramento único no Sistema Universitario de Galicia.
Mención de Calidade cara á Excelencia (Ministerio de Educación) desde o curso académico 2011/2012 e seguintes